Fundación Manuel María de Estudos Galegos

Sinopse/Descrición
Novo libro da colección O poeta Manuel María... do humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada, Pepe Carreiro, e do tamén debuxante e ilustrador Abraham Carreiro (xa o temos na nosa tenda dixital). Concretamente é o sétimo e leva por título O poeta Manuel María non dorme de noite. Esta colección está pensada para primeiros lectores e ao final de cada libro hai unha serie de qr con recursos relacionados coa lectura e con textos para crianzas de Manuel María.
Libro de capa dura e cunhas medidas de 20x20.