Convidámoste a colaborar connosco neste proxecto facéndote Amigo/a da Fundación, aportando a cantidade referencial de 5 euros/mes (podes optar por calquera outra cantidade inferior ou superior). Por parte da Fundación corresponderémosche co seguinte:
	- O agasallo dunha publicación da Fundación cada ano.
 
	- Recibirás información  das actividades que organicemos.
 
	- Terás desconto do 10% na adquisición do material da Fundación.
 
	- Terás os beneficios fiscais correspondentes (dedución do 25% para persoas físicas e do 35% para persoas xurídicas, segundo a Lei 49/2002).
 
Outras formas de colaboración:
	- Interésanos todo o que nos poidas aportar que teña a ver con Manuel María: unha foto, unha gravación de son ou de vídeo, unha tarxeta, carta, dedicatoria, recitado, manuscrito...
 
	- Fainos chegar as túas propostas de actividades arredor do poeta, da configuración da Casa Museo, das publicacións...
 
	- Convértete en Socio/a Protector/a mediante a doazón de 100 euros/mes. A Fundación corresponderáche co seguinte:
	
		- A presenza do logotipo da empresa ou entidade como “Socio/a Protector/a” na páxina web da Fundación. No caso dos particulares incorporarase ao listado de nomes;
 
		- Dedución do 15% na adquisición de material da Fundación;
 
		- Agasallo dunha publicación ao ano por parte da Fundación;
 
		- Convite para dúas persoas para asistir a todos os actos que se realicen durante o ano
 
		- Información das actividades da Fundación;
 
		- Beneficios fiscais (dedución do 25% para persoas físicas e do 35% para persoas xurídicas, segundo a Lei 49/2002).