Tenda

2º Concurso Manuel María de Composicións Musicais

2º Concurso Manuel María de Composicións Musicais

Tipo de publicación: Libro
Ano: 2024
Páxinas: 41

Sinopse/Descrición

Caderno que recolle as cinco composicións finalistas do segundo concurso Manuel María de Composicións Musicais (Falan uns campesiños aos que lles expropiaron as terras de Xesús Xosé Iglesias, Tes un brillo amortecido de Teo Montero, Baladiña do salouco confidente de Manuel Tizón, Lembranza da lagoa de Cospeito de Brais González e Soños no meu fogar de Gerald David Vázquez). Certame este, desenvolto en 2023, e destinado a premiar a mellor canción lírica para voz (soprano) e piano escrita sobre un poema de Manuel María. As partituras das distintas composicións son introducidas polo propios poemas de Manuel María.