O poeta Manuel María é fogueteiro
Tipo de publicación: Libro
Ano:
2024
Páxinas:
20
ISBN:
978-84-942893-0-6
Sinopse/Descrición
Sexto número da colección para primeiras lectoras e lectores "O poeta Manuel María".
Neste volume Manuel María ten de facer de fogueteiro na romarría de Santa Isabel xa que o fogueteiro queimou o nariz.
A colección, de capa dura e cunhas dimensións de 20X20, está elaborada polo humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada, Pepe Carreiro e polo tamén debuxante e ilustrador, Abraham Carreiro, e é un achegamento ás persoas máis novas da figura de Manuel María e as temáticas e valores que o mobilizaron na súa vida. Textos de historias graciosas, salpicadas polo medio de léxico do propio Manuel María e acompañados de bonitas ilustracións.