Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Datos da edición
Reseña
Este fermoso poemario constitúe unha guía imprescindíbel para unha visita á casa natal de Manuel María en Outeiro de Rei, convertida en 2013 en Casa Museo. Está constituído por 50 sonetos nos que o poeta regresa ao tempo da nenez, aos soños da adolescencia, ás vellas lembranzas familiares e a un espazo íntimo insustituíbel.
Escolma
Sempre interrogo ao fado prepotente
con incerto temor e verbo inquedo
e que me diga sen rubor nin medo
que porvir lle depara á casa e xente.
Coñezo o seu pasado. O seu presente.
E ignoro totalmente o seu futuro:
será desgraciado, triste, escuro
ou gozoso, feliz resplandecente?
Todo o que vive múrchase ou devece
vencido polo tempo traizoeiro.
Nós pasamos. A casa permanece.
Non queremos fogar perecedeiro
pois o solar dos Hortas non merece
rematar convertido en pardiñeiro!