Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Datos da edición
Reseña
Inclúe un código para a descarga dun DVD con doce poemas recitados por Manuel María e outro coa creación audiovisual Danza do poema emocionado.
Poesía. Unha das obras máis importantes e emblemáticas da poesía para nenas e nenos. Son 49 poemas que cantan, con "inocencia" e grande musicalidade, o mundo infantil vinculado á natureza, ás cousas, aos animais, ás persoas, aos paxaros...
Ilustrado por Noemí López.
Escolma
CARTA AOS NENOS
Queridos nenos:
Un servidor, que xa ten canas e un gran bigote* que lle comeza a pesar, vai para vello. Nas súas horas de soedade lembra a súa lonxana infancia campesiña. Desas lembranzas foron nacendo os versos que seguen. Os versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno. Versos que, por outra banda, non había na literatura galega e que tan precisos son. Eu quixera encher, en parte, ese oco. Perdoádeme si non acertei.
E moitas grazas a vós, nenos, a todos os nenos, cando escribín estes poemas volvín de novo á miña infancia. E coa lonxana música da miña infancia, que ía durmida dentro de min que despertou de novo, compuxen estes versos. Que sexan do voso agrado.
Voso amigo sempre,
MANUEL MARÍA
* Agora non levo bigote somentes. Levo bigote e barba entrecana.