Publicacións

 
cando-o-mar-tenda.jpg

Cando o mar foi polo río

Datos da edición

  • Ano:  2015
  • Lugar:  A Coruña
  • Editorial:  Fundación Manuel María de Estudos Galegos
  • ISBN:  978-84-942893-5-4
  • Páxinas:  125
  • Prezo:  9 €

Reseña

Narrativa. O protagonista destas historias, Manuel de Paderna, é un home que posúe o enfeitizo poético e o dominio da palabra que fai parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes ou curar as persoas. Hai quen di que mesmo os paxaros suspendían os seus voos e ficaban inmóbiles no aire para aprenderen o seu canto e melodía...E, quizais, o lector ou lectora desta obra faga o mesmo. 

Ilustración da capa: Leandro Lamas.