Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Primeira edición
Última edición
Outros datos da obra
Terra Chá, 1ª ed., Ediciones Celta, Lugo, 1954, limiar de Ánxel Fole (55 poemas); 2ª ed., Círculo de las Artes, Lugo, 1967, limiar de Ánxel Fole (91 poemas); 3ª ed., Ediciones Celta, Lugo, 1972, limiar de Ánxel Fole, portada de Luís Seoane, ilustracións de Isaac Díaz Pardo (100 poemas); 4ª ed., Ediciones Celta, Lugo, 1980, limiar de Ánxel Fole, portada de Luís Seoane, ilustracións de Isaac Díaz Pardo (105 poemas); 5ª ed., Edicións Xerais de Galicia, Biblioteca das Letras Galegas, Vigo, 1989, limiar e estudo de Xosé María Dobarro (110 poemas); 6ª ed., Produccións Culturais Artesa, A Coruña, 2001, limiares de Ánxel Fole e Manuel María, ilustracións e gravados de Felipe Criado (114 poemas); 7ª ed., en MANUEL MARÍA, Obra poética completa I (1950-1979), Edicións Espiral Maior, Col. Opera Prima, A Coruña, 2001, pp. 83-154, limiar de Ánxel Fole; 8ª ed., La Voz de Galicia, Biblioteca galega 120, nº 30, A Coruña, 2002, limiar de Ánxel Fole, edición non venal; 9ª ed., Irmandade dos Vinhos Galegos, Ourense, 2005, limiares de Ánxel Fole e Manuel María, edición non venal; 10ª ed., Terra Chá.xa (FM Publicidade&Comunicación), Vilalba, 2013; 11ª ed., Fundación Manuel María de Estudos Galegos, A Coruña, 2015.
Reseña
Terra Chá é un canto e unha homenaxe poética á singular terra nativa do autor. Trátase, con certeza, dunha das obras máis coñecidas e emblemáticas dun Manuel María fiel ás súas raíces e á súa estirpe. Nela realiza un percurso pola xeografía humana da Terra Chá e canta dun modo porpositadamente sinxelo na forma -para así acentuar o carácter popular da poesía- as súas xentes, traballos, tradicións, festas, animais ou cousas. A patria chairega convértese así nunha metonimia da Galiza cantada e exaltada polo autor no conxunto de toda a súa creación literaria.
Escolma
Terra Chá
A Terra Chá somentes é
un pobo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.