Noticias

Vén de saír do prelo, coa colaboración do Concello do Carballiño, unha nova edición de Cantigueiro de Orcellón

capa_orcellon.jpg

21/03/2016

Editado por vez primeira en 1984 pola Agrupación Cultural Avantar, vén de saír do prelo, coa colaboración do Concello do Carballiño, unha nova edición do libro no que Manuel María reflectiu as súas intensas vivencias pola bisbarra do Orcellón e a súa identificación coas súas xentes.

Esta publicación que será presentada en vindeiras datas no Carballiño, está composta por vinte e nove composicións, nas que se intercalan ilustracións de Felipe Senén,  e é un canto á paisaxe, aos oficios, ás romarías e ás feiras, aos viños, aos persoeiros, aos espazos e momentos senlleiros da vida do Carballiño…
Cantigueiro de Orcellón, como o recentemente reeditado, xunto ao Concello de Quiroga e ao Concello de Ribas de Sil, Sonetos ao Val de Quiroga, forma parte dunha serie de poemarios locais nos que Manuel María exemplifica a súa identificación e amor coas xentes da Galiza en xeral e destes lugares en especial.