Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Os versos de Manuel María, na voz de María Barcala, os contos do escritor da Terra Chá na narración oral de Quico Cadaval, así como a música coidadaa de Paraíso Canto, foron intensamente aplaudidos polo público asistente
O teatro Rosalía Castro da Coruña acolleu con entusiasmo unha nova edición de Lúas de Outono, homenaxe anual a Manuel María, celebrada no serán de onte. O público que encheu o teatro, vibrou co brillante espectáculo que ofreceron a actriz María Barcala, o dramaturgo e contador Quico Cadaval e o dúo musical Paraíso Canto.