Noticias

Presentación este xoves, en Lugo, do libro "A poesía de Manuel María" de Camilo Gómez Torres

fotosmanuelmaria_00033.jpg

11/07/2016

Será ás 19.30 na libraría Trama (avenida da Coruña 21)

Este xoves, 14, na libraría Trama de Lugo (avenida da Coruña, 21) presentarase o libro de Camilo Gómez Torres "A poesía de Manuel María", editado pola Casa-Museo Manuel María. Na presentación intervirán:
-Alberte Ansede Estraviz, secretario da Fundación Manuel María
-Pilar García Negro, profesora titular da UdC
-Camilo Gómez Torres, estudioso da vida e obra de Manuel María e autor do libro

O libro é unha análise exhaustiva e sistemática do obra poética de Manuel María e é o resultado dunha vida enteira dedicada ao estudo da vida e da obra do escritor.