Noticias

Concerto-presentación do libro-CD A voz do vento en Santiago de Compostela

cartazconcertovozdovento-.jpg

30/03/2016 - Sala Malatesta, Santiago de Compostela

A Mesa pola Normalización Lingüística quere festexar as súas tres décadas de activismo en defensa do galego festexándoos coa palabra poética de Manuel María feita música. 

O concerto será este venres 1 de abril ás 21.30 na Sala Malatesta de Compostela (antiga Sala Nasa) 

Este vindeiro venres 1 de abril a Sala Malatesta de Santiago de Compostela acollerá a partir das 21.30 horas unha festa-concerto para presentar o libro-CD editado pola Mesa pola Normalización Lingüística A voz do vento: poemas de Manuel María musicados por Fran Amil e a tribo incomprensíbel acompañados de fermosas ilustracións da autoría do debuxante Jano. 

Nesta festa-concerto do venres, para a cal xa están as entradas á venda nesta ligazón: http://www.amesa.gal/tenda/eventosentradas/concerto-presentacion-a-voz-do-vento/ non faltará a presenza dalgunhas das colaboradoras e colaboradores que tamén fixeron posíbel este traballo: Jasper de Nao, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belém Tajes, Bocixa de Zënzar ou O Leo i Arremecághona. 

O concerto festexará tamén o 30º aniversario da Mesa, unha asociación cidadá en defensa da lingua da que Manuel María foi asociado e moi activo colaborador.