Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Editada polo Concello de Carral, a Deputación da Coruña e a Fundación Manuel María conta con prefacios de Pilar García Negro e Xose Ramón Barreiro
A páxina web da Casa-Museo Manuel María pon a disposición do público ( Recursos>Outros) a nova edición da peza teatral "Abril de lume e ferro", escrita por Manuel María en 1974 e que o Concello de Carral editou por primeira vez en 1989.
A nova edición foi presentada en formato papel o pasado 17 de xuño dentro das xornadas "O teatro de Manuel María", organizadas polo propio Concello de Carral.
"Abril de lume e ferro" constitúe unha achega fundamental para a conformación do corpus textual do teatro galego. A obra recrea os acontecementos que supuxeron o levantamento liberal e galego de 1846 e que remataron co fusilamento das persoas sublevadas, os Mártires de Carra.
Esta obra é representada de maneira continuada, desde hai máis de 20 anos, pola veciñanza de Carral a través da Asociación cultural Abril de lume e ferro.
presentouse unha nova edición da peza teatral "Abril de lume e ferro", editada polo propio concello, a Deputación da Coruña e a Fundación Manuel María.