A de onte foi a súa décima edición
A Casa-Museo Manuel María celebrou este sábado unha exitosa edición, a décima, do Concurso escolar de recitado poético da obra de Rosalía de Castro e Manuel María coa presenza e participación de escolares de toda Galiza.
O certame, que leva por título Rosalía sempre viva, desenvolveuse en dúas sesións, de mañá e de tarde. O alumnado participante, de entre os 6 e os 18 anos, realizou un excelente concurso que se significou pola variedade das pezas recitadas.
Esta era a fase final dun concurso en que os diferentes centros de ensino participantes xa desenvolveran unha primeira fase nos seus respectivos institiutos e colexios.
Os premiados segundo as categorías foron:
-1ª categoría (1º, 2º e 3º de primaria): Xoel Pintor Aira, do CEIP Concepción Arenal da Coruña, co poema “O carro” de Manuel María.
-2ª categoría (4º, 5º e 6º de primaria):Nicolás Teijeiro Castosa, do CEIP Veleiro Docampo de Castro de Ribeiras de Lea, co poema “Galiza” de Manuel María.
-3ª categoría (Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos):Pablo García Martínez, do IES de Foz, coa recitación do poema “Acolá enriba” de Rosalía de Castro, e Lidia Parcero Gómez do Colexio Maristas de Lugo, polo recitado do poema “Prá Habana” de Rosalía de Castro.
Tamén recibiron mencións honoríficas as seguintes persoas:
2ª categoría: Dennis Rubianes Baltrán, do CEIP A Lomba de Vilagarcía de Arousa, polo poema “Quíxente tanto, meniña”, de Rosalía de Castro.
3ª categoría: Laura Maceira Otero, do IES Francisco Aguiar de Betanzos, polo poema de Rosalía de Castro “Vivir para ver”.
A Casa-Museo Manuel María agradeceu a todos os presentes, alumnado finalista, familias e profesorado acompañante e público en xeral, a súa total colaboración para que a xornada de convivio decorrese con suceso, así como o apoio da área de Cultura da Deputación de Lugo.