Noticias

A maxia de Manuel María: espectáculo do ilusionista Martín Camiña na Casa-Museo

maxia.jpg

06/04/2016 - Casa-Museo Manuel María, Outeiro de Rei

Entrada gratuíta até completar o aforo do auditorio da Casa-Museo. Cómpre reservar localidade previamente por medio dun correo electrónico ou telefonicamente

O ilusionista Martín Camiña sabe que a poesía é maxia e que cada verso de Manuel María contén o engado máxico da poesía que o de Outeiro de Rei captou, desde neno, nas cousas máis próximas: da Casa de Hortas, da súa tribo de Outeiro de Rei...


O mago ofrécenos un espectáculo único para axudarnos a descubrir a maxia de Manuel María: será este sábado 9 de abril ás 20 horas no auditorio da Casa-Museo, en Outeiro de Rei. Será o ramo ás vixésimo quintas Xornadas de Lingua e Literatura, organizadas pola CIG-Ensino e a AS-PG, monográficas nesta ocasión sobre o autor da Terra Chá ao que se dedican este ano as Letras Galegas, recordando a quen en tantas ocasións, en vida, achegou o seu maxisterio feito palabra a tantas e tantas destas xornadas de Lingua e Literatura. 

O espectáculo de Martín Camiña será de entrada libre até completar o aforo do auditorio da Casa de Hortas. Aínda que o prezo da entrada é 0 € cómpre reservar previamente localidade: pódese facer escribindo un correo-e a contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao teléfono 698 177 621 (preferentemente a partir das seis da tarde).