Noticias

A Fundación Manuel María inaugura o próximo 6 de outubro un equipamento cultural na Coruña

imaxe-cartaz-inauguracion.jpg

O Espazo Cultural Manuel María xirará ao redor dos valores que Manuel María e Saleta legaron

A Fundación Manuel María vai abrir un equipamento cultural na cidade da Coruña que xirará ao redor dos valores que Manuel María e Saleta legaron: a defensa de Galiza e da súa lingua e cultura, a defensa do territorio e do medioambiente, a loita contra a exclusión social e calquera tipo de desigualdade social...
O acto de inauguración do Espàzo Cultural Manuel María, situado na rúa do Socorro, 30, será o próximo 6 de outubro ás 19:30 horas, coincidindo co aniversario do nacemento de Manuel María.