Fundación Manuel María de Estudos Galegos
09/04/2016 - Casa-Museo Manuel María, Outeiro de Rei
Docentes da Galiza e do norte de Portugal, que xa celebraron unha primeira xornada de traballo na localidade portuguesa de Sabrosa, reúnense agora en Outeiro de Rei para seguiren afondando no obxectivo de Cultura que une: crear un espazo de intercambio e comunicación docente permanente entre aquén e alén Miño.
Bichos, de Miguel Torga, e Os soños na gaiola, de Manuel María, son as dúas obras escollidas por este colectivo docente para o traballo común nas súas aulas durante este ano
A iniciativa Cultura que une celebrará este sábado 9 de abril un segundo encontro de traballo anual en Galiza, neste caso na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei, logo da primeira das xuntanzas celebrada na vila portuguesa de Sabrosa, no Espaço Miguel Torga.
Bichos, de Miguel Torga, e Os soños na gaiola, de Manuel María, son as dúas obras escollidas por este colectivo docente para o traballo común nas súas aulas durante este ano. Aproveitando a súa vinda, terán oportunidade de coñeceren a Casa-Museo a través dunha visita guiada, que tamén incluirá os diferentes espazos da contorna próxima.