Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Esta noite a palabra de Manuel María resou entre nós de moitas maneiras: coa música, coa maxia, coa voz dos escritores… Sabía ben o poeta nacional que esa era a maxia da súa palabra: a permanencia. E máxico foi para todos nós recuperarmos a Manuel María a través do filme FALA E TERRA DESTA MIÑA TERRA.
PROGRAMA
Presenta: ANTÓN FORTES
LOIS DIÉGUEZ: Manuel María a luz máxica dos días
Unha maxia do MAGO ANTÓN para Manuel María
Coa música de MARÍA MANUELA: Idioma meu e Manual de Señorito
Estrea do filme FALA E TERRA DESTA MIÑA TERRA. MANUEL MARÍA coa presenza da súa directora MARGARITA LEDO.
Xoves, 15 de decembro de 2005 ás 20:00 horas no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza (Ronda da Muralla)