Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Duración: 33:41
Documentario, dirixido por Jairo Iglesias e Mikel Fuentes, con guión de Anxa G. Refoxo e Jairo Iglesias e música de Carlos Seijo, fai un percorrido por distintos aspectos vitais de Manuel María desde a ollada e a palabra de Saleta Goi, a súa compañeira.
O relato de Saleta, auténtico fío condutor da peza, vaise combinando con imaxes e fragmentos orixinais de diversos recitados poéticos, entrevistas concedidas e intervencións públicas do propio Manuel María.
O documentario foi realizado pola Casa-Museo Manuel María e producido por Pixel Films, e estreado pola TVG o 17 de maio de 2016.