A XII edición será o sábado 12 de xullo
O sábado, 12 de xullo, festexamos a XIIª edición do Convivio da Cultura Galega. Farémolo como sempre tendo moi presente a Manuel María e a súa obra.
Iniciaremos o día, ás 11.15 hrs, e a Casa-Museo Manuel María será o punto de encontro, concretamente a horta, onde nos acollerá a música da coral Solfa. De alí sairemos cara ao cemiterio onde levaremos a cabo un pequeno acto en lembranza de Manuel María e de Saleta.
Xa en Santa Isabel, ao pé do río Miño, e antes do xantar, ás 12.30, teremos a actuación da Banda de Música Sons e Soños. Integrada por músicos de Rábade, Begonte, Outeiro e Friol, nesta ocasión a banda estará acompañada pola cantareira, mestra e investigadora da nosa música, Branca Villares, que interpretará algunha peza baseada na obra de Manuel María.
Despois, poderemos desfrutar do xantar en convivio (a organización pon as mesas e cadeiras e cada un/unha trae a súa propia comida. Para reservar sitio nas mesas é necesario avisar antes das 14 h do 9 de xullo, mércores, a través do whatsapp 698177621 ou por correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal).
A festa continuará pola tarde, ás 16.30, cunha foliada conducida por Xurxo Souto, e onde non faltará a música de Mestura de Nete, Foliadeir@s do Castro, Música na Eira, Tradivivas Agra, Reviravolta e Parabéns