Actividades

Trécola inicia a programación do mes de marzo cun espectáculo de monicreques de fío

Trécola inicia a programación do mes de marzo cun espectáculo de monicreques de fío

The Piccole Theatre vai dirixido para as crianzas e as súas familias

Este sábado, 8 de marzo, ás 17 hrs, poderemos disfrutar, na Casa-Museo Manuel María, das marionetas de fío que nos traen Trécola Producións co espectáculo The Piccole Theatre .
Un show protagonizado por grandes artistas de madeira e cartón pedra que realizan acrobacias, números musicais, de maxia ou cómicos.
Un espectáculo que sorprenderá, fará rir e participar os asistentes de todas as idades.
A actividade vai dirixida para nenas e nenos entre 4 e 11 anos e para asistir (billete 2 euros) é necesario inscribirse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.