Actividades

Sesión sonora con Xurxo Souto

Sesión sonora con Xurxo Souto

“A novela do Bravú” protagoniza esta sesión en que non faltará a música de Xurxo

A música e a palabra xúntanse este sábado, 28 de febreiro, da man Xurxo Souto que estará, ás 18.30, na Casa-Museo Manuel María. O músico e escritor convida todas as persoas que se acheguen a unha sesión sonora, en que alén de cantar xuntos algunhas pezas, presentará a súa última obra, “A novela do Bravú”.
 
A actividade é de acceso libre até completar o aforo mais cómpre facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou whatsapp 698177621