Poesía, música e audiovisual este sábado na Casa-Museo Manuel María
O produtor dos filmes “DHOGS”, “Welcome to ma maison” ou “Ulises”, o meirao Suso López, vén este sábado, día 1 de xuño, á Casa-Museo Manuel María, para presentar o seu primeiro poemario individual "non aparecen bicis", editado en Edicións Positivas. Suso leva tempo participando en obradoiros de escrita creativa e participou xa en varias obras colectivas.
A súa poesía virá misturada, nesta presentación, coa súa propia música, interpretará tres ou catro pezas, así como coa proxección de dúas curtas "Ulises" e "Sandwich cat".
A entrada é libre mais é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.