Actividades

Panosedán en concerto este próximo sábado

Panosedán en concerto este próximo sábado

09/12/2025

Veñen a presentar o seu traballo Rosas e cravos

Este sábado, día 13 de decembro às 20 h, na Casa-Museo Manuel María acolleremos o concerto de Panosedán, que nos vén a presentar o seu traballo discográfico Rosas e cravos. 
Pilocha (voz), Lis Latas (voz e guitarra) e Pablo Gómez (acordeón) conforman este trío que ofrecerán unha proposta onde combinan tradición, emoción e novas sonoridades. Rosas e cravos recolle as seguintes pezas: Romance de don Gaiferos; Quen puidera namorala; Menina estás à janela;  Adiós ríos, adiós fontes; O alecrín; Dá-me uma gotinha de água; Lela; Señora do Almortão; Unha noite na eira do trigo; e O sacristán de Coimbra.
Para asistir ao concerto é necesario reservar (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621