Actividades

O día 26 de outubro Gala-Concerto do III Concurso Manuel María de Composicións Musicais

O día 26 de outubro Gala-Concerto do III Concurso Manuel María de Composicións Musicais

17/10/2024

A pianista Noemí Salomón e a mezzosoprano Nuria Lorenzo serán as encarregadas de interpretar as cinco pezas finalistas

Gala-concerto da fase final do III Concurso Manuel María de Composicións Musicais que se celebrará o sábado día 26 de outubro, ás 17.30 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei (Lugo). O concurso premia a mellor a canción lírica, para voz e piano, escrita sobre un poema de Manuel María.
 
A gala comezará coa interpretación das cinco pezas finalistas a cargo da pianista Noemí Salomón e da mezzosoprano Nuria Lorenzo. Unha vez rematada esta primeira parte, mentres o xurado realice a súa deliberación, a mesma pianista e mezzosoprano presentarán en concerto unha serie de cancións galegas.
 
O acto é público e gratuíto mais, pola limitación de aforo, deben facer a reserva correspondente. Para iso deben dirixirse a contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou ao whatsapp 698177621..