"As historias de Bemol Pequeno" vai dirixido para crianzas entre tres e oito anos
As historias de Bemol Pequeno son unha serie de contos e cancións interactivos en directo pensados para que o público familiar e infantil participe e aprenda nunha contorna lúdica e colaborativa. En Bemol pequeno teñen que resolver o misterio da música desaparecida da man da Meiga Xela: canta co dinosauro Pepón e baila ao ritmo da Banda do Carballo.
Un contacontos musicado recomendado para crianzas entre 3 e 8 anos. O espectáculo presenta conceptos básicos da música como o volume, o ton, as familias de instrumentos, as notas musicais. Cada unha deles inclúe un conto e unha canción, que se executan en directo pensado para que o público infantil participe.
Para asistir a esta actividade, este sábado, 6 de decembro, é preciso reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621