Presenta o seu último traballo "Je tiens bon"
Este sábado, ás 20 hrs, na Casa-Museo Manuel María (en Outeiro de Rei), Mj Pérez vén interpretar o seu novo traballo "Je tiens bon". Un repertorio cheo de pop, música de raíz, rock, ritmos latinos e brasileiros, que combina o íntimo e o social temperado con humor, ironía, inconformismo e sensibilidade.
Reservas (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.