É o terceiro traballo musical deste grupo de folk lucense
Milesios (2009), grupo de música folk, estrea este sábado, 8 de xuño, ás 20 h, na Casa-Museo Manuel María, , “Cartografías”.
Melodías tradicionais, arranxadas polo propio grupo, e algunhas composicións propias fan parte deste novo traballo musical co que os Milesios continuan a súa viaxe coas súas cartografías musicais que evocan lugares de Italia, Bretaña, Irlanda e, por suposto, Galiza.
Cartografías é o terceiro disco, despois de Alén mar e Indoevindo.
Reservas (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621