Actividades

Lúas de Outono 2025 será o próximo 24 de setembro no Teatro Rosalía Castro

Lúas de Outono 2025 será o próximo 24 de setembro no Teatro Rosalía Castro

Casás&Barcia presentarán un espectáculo musical na homenaxe anual que se celebra todos os anos a Manuel María na cidade da Coruña

A música do dúo Casás&Barcia será a protagonista da nova edición de Lúas de Outono, celebración anual en homenaxe a Manuel María, que organizamos o mércores, 24 de setembro, ás 20,30 hrs, no Teatro Rosalía de Castro.
Richi Casás (saxo, pandeireta e voz) e Fran Barcia (acordeón) levarán a cabo un espectáculo, acompañados dalgunha sorpresa, baseado en melodías e coplas da nosa poesía popular oral. Concretamente en temas cantados por Rosa e Adolfina Casás, cantareiras en quen se personificou, entre outras, este ano as Letras Galegas.
A entrada para asistir a Lúas de Outono é gratuíta mais é necesario ter convite. Para reservar os convites poden escribirnos a contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.
Os convites reservados poden recollerse o venres, día 19 de setembro, de 11 a 12.45 hrs, e o luns, día 22 de setembro, de 17.30 a 19 hrs, no local da A.C. Alexandre Bóveda (rúa Santo André, 36, 1º, no edificio do Circo de Artesáns). Ou ben diante da billeteira do teatro Rosalía de Castro, o mesmo día 24 de setembro, a partir das 19.15 hrs (a reserva deixa de ser efectiva a partir das 20.15 horas do día 24 de setembro).