Actividades

Eva Veiga e Os Carunchos protagonizarán unha nova edición de Lúas de Outono

Eva Veiga e Os Carunchos protagonizarán unha nova edición de Lúas de Outono

Será a XVª edición desta homenaxe anual a Manuel María, cando se fan vinte anos da súa morte

O próximo 18 de setembro, mércores, ás 20.30, celebraremos no Teatro Rosalía de Castro unha nova edición de Lúas de Outono para homenaxearmos a obra e a vida de Manuel María, cando se veñen de facer vinte anos da súa morte.
 
Para isto contaremos coa presenza d'Os Carunchos, grupo de música tradicional que cantará trece poemas de Manuel María, pezas estas que integran o seu último traballo dedicado integramente ao noso escritor, "Unha gorxa chea de paxaros". E tamén poderemos desfrutar da voz da poeta Eva Veiga que recitará unha serie de poemas do propio Manuel María.
 
A entrada é gratuíta mais é necesario facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.
 
A actividade conta coa colaboración de Deputación da Coruña e do Concello da Coruña-