Actividades

Celébrase, este sábado, a fase final do Concurso escolar de videopoemas

Celébrase, este sábado, a fase final do Concurso escolar de videopoemas

A Casa-Museo Manuel María acollerá a proxección, a partir das 11, dos videopoemas finalistas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María

A VIII edición do Concurso de videopoemas que organiza a Casa-Museo Manuel María chega este sábado á súa fin coa proxección na Casa-Museo Manuel María dos videopoemas finalistas. O certame ten por finalidade potenciar a creatividade artística a través da harmonía entre palabra e imaxe e difundir a obra de Rosalía e Manuel María.

Nesta oitava edición que se cerra este sábado conta con participantes de centros educativos de Lugo, A Estrada, A Coruña,  Compostela, Sarria, Nigrán, Ponteareas, Porriño, Vila de Cruces, Narón, Zas, Ponteceso e Trazo.