O documental de Carlos Lorenzo proxéctase o próximo 26 de abril na Casa-Museo Manuel María
O próximo 26 de abril, sábado, a Casa-Museo Manuel María programa, para as 20 hrs, a proxección do documental de Carlos Lorenzo "Cardoña, fotos a 7 pesetas".
Cardoña (José Gestal) foi un dos moitos fotógrafos espallados por Galiza que traballaban dun xeito ambulante como un medio de vida que lle permitía obter ingresos para subsistir. Cardoña era un obreiro da foto.
O seu traballo humilde converteuse sen el sabelo nun legado documental que hoxe serve para afondar no coñecemento da Galiza rural de boa parte do século XX. A súa filla Matilde e fotógrafos e expertos como Xurxo Lobato, Xoán Piñón, Carlos Castelao e Manuel Sendón cóntannos como era aquel oficio e homenaxean a quen contribuíu a que permanecese viva a nosa memoria.
A entrada para ver este documentario de Carlos Lorenzo é libre mais é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621
Máis información sobre este documentario en https://carloslorenzo.gal/fotosa7pesetas/