Manuel María > Obra

poemas-tenda-foz-2.jpg

Versos florecidos en louvanza de Foz

Primeira edición

  • Ano:  1967
  • Lugar:  Foz
  • Editorial:  Gráficas Bahía
  • ISBN: 

Última edición

  • Ano:  2001
  • Lugar:  A Coruña
  • Editorial:  Edicións Espiral Maior
  • ISBN: 

Outros datos da obra

1ª edición: Gráficas Bahía, Foz (1º Premio e Frol natural dos primeiros Xogos Florais de Foz, no San Lourenzo de 1966; dedicado a Marita e Suso Fernández do "Bahía", e Maria do Ceio); 2ª edición: Librería Bahía, Foz, 1988 (limiar: "Celebrando a 2ª edición de Versos en louvanza de Foz", de Camilo Gómez Torres; portada de X. Vizoso; dedicado a Marita e Suso Fernández do Bahía e a María do Ceio, César e Saleta); e 3ª edición: MANUEL MARÍA, Obra poética completa II (1981-2000), Edicións Espiral Maior, col. Opera Prima, A Coruña, 2001, pp. 255-262 (dedicado a Marita e Suso Fernández do "Bahía", e María do Ceio, César e Saleta)

Escolma

Cantiga de cada día

 

Vin en Foz, nos días duros do traballo,

os homes dos estaleiros e o trasmallo.

Que ledicia, meu amor!

 

Eu vin en Foz, subir ao alto ceo puro,

un soño comunal coa súa luz de futuro.

Que ledicia, meu amor!

 

Eu vin en Foz a seitura e mais a malla

e convivín co povo nobre que traballa.

Que ledicia, meu amor!

 

Vin en Foz patrós de pesca e mariñeiros.

Vin armadores, labregos, conserveiros...

Que ledicia, meu amor!

 

Eu vin en Foz a cada un co seu afán

traballando arreo para gañar o pan.

Que ledicia, meu amor,

 ver como cunde o labor!