Será este sábado, 29 de novembro, ás 20 hrs
Gabi Reboredo (voz e percusión) voltará estar na Casa-Museo Manuel María. Desta volta co seu novo proxecto Lideira. Un trío que amais de Gabi, o conforman Lois Prado (saxofón e sintetizador) e Sara Méndez (saxofón soprano). Unha proposta, a de Lideira, onde soarán as nosas músicas de tradición oral, procurando un son persoal a través da mestura de instrumentos de vento, percusións de man, voz e outras fantasías.
Para asistir ao concerto é necesario facer reserva (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621