Noticias

Accesíbel en internet "`Por eso meu carro canta`. Manuel María e a canción galega 1967-1982"

por-eso-meu-carro-canta.png

Trátase da tese de doutoramento de Eva Teixeiro presentada e lida en 2025

A interesantísima tese doutoramento de Eva Teixeiro, presentada e lida en 2025, xa é accesíbel en internet a través da seguinte ligazón da Universidade de Santiago de Compostela https://minerva.usc.gal/entities/publication/0bb7c5c1-d1f5-42c2-b224-ca3c8fe01f6d?fbclid=IwY2xjawTZIzZleHRuA2FlbQIxMQBicmlkETFXSEZyQ3pPaW9zcGVVQXFIc3J0YwZhcHBfaWQQMjIyMDM5MTc4ODIwMDg5MgABHhGR1OHTATqsEAp8gkEVTZFX7Uskh7K5FX0xbgSsJ0U-rFT7eTNIbhJqDNmM_aem_P6qB9FYpHY7yO5h8MlqrWg
O tema presentado no traballo é o seguinte: Nos anos centrais da segunda metade do século XX, nun contexto adverso para o idioma e a cultura de Galiza, no marco das relacións entre a canción con carácter reivindicativo e a poesía, destaca a figura de Manuel María, quen denuncia na súa obra a opresión á que está sometido o pobo galego e a progresiva perda da identidade que iso implica. A súa contribución ao nacemento e á consolidación da moderna canción galega, insírese nun amplo abano de actuacións a prol da lingua e da cultura propias das que é partícipe -dalgunhas mesmo promotor- na súa constante loita contra o silencio. Este motivo argumental, xunto coa defensa do patrimonio lingüístico e cultural de Galiza, vertebra o seu percorrido vital e literario. Neste traballo analízanse as achegas do poeta lucense á interacción entre a música e a literatura galegas, o que contribúe decisivamente á difusión da súa mensaxe poética e á apropiación popular da súa escrita, na que a contraposición entre a presenza e a ausencia de sons resulta clave para interpretar a súa intervención no ámbito lírico-musical.