Noticias

A Fundación Manuel María abre o Espazo Cultural Manuel María

20261006_194337.jpg

O pasado 6 de outubro presentou o proxecto do novo espazo

A Fundación Manuel María de Estudos Galegos inaugurou este pasado martes, 6 de outubro, o Espazo Cultural Manuel María situado na céntrica rúa coruñesa do Socorro, número 30, xunto á praia do Orzán.  A Coruña foi a cidade que Manuel María e Saleta escolleron para viviren unha vez chegados á súa xubilación e na que permaneceron até o seu falecimento, el durante case 10 anos e ela case 30.
A Fundación Manuel María presentou publicamente este día o novo equipamento e o proxecto cultural que pretende levar a cabo. As actividades non se limitarán á figura do escritor aínda que estarán de algún xeito inspiradas nos valores que Manuel María e Saleta transmitiron en vida: a necesaria dinamización e difusión da cultura galega, a normalización da nosa lingua, a defensa dos valores medioambientais e do territorio, a loita contra a exclusión social e en favor das persoas máis desfavorecidas...
O novo espazo é un local diáfano e versátil, con equipamento para poder levar a cabo actividades formativas e espectáculos de proximidade, aberto a públicos diversos segundo faixas horarias distintas.