Noticias

A contadora María da Pontragha estará, este venres, no Espazo Cultural Manuel María

contos-de-tascas-tabernas-e-outros-tugurios.jpg

28/10/2026 - A Coruña

Presentará o espectáculo "Contos de tascas, tabernas e outros tugurios", acompañada do músico Miguelón Paz
 
 

 

O Espazo Cultural Manuel María continúa a súa programación, este venres, 30 de outubro, ás 20 horas, e faráo co espectáculo da contadora María da Pontragha Contos de tascas, tabernas e outros tugurios.
 
María da Pontragha contará historias sobre as sete tascas, tabernas e outros tugurios que houbo á volta da antiga estación de ferrocaril da Pontraga (Tordoia) e de todo o que alí se cocía: anédotas de xente variopinta, pelexas, tertulia política, contos, apostas, historias de beber e comer, penas e alegrías, tamén amizade, confesións e camaradaría... e sobre todo, contos de viño. Todo isto acompañado da música do acordeón de Miguelón Paz.
 
María Iglesias, María da Pontragha, é educadora e antropóloga que desde sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música como da palabra en si. En 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración oral centrándose na recuperación e actualización das historias populares e de tradición oral e cun gusto especial polas historias que se centran nas mulleres do país. É ademais percusionista e vocalista nos grupos Bouba e Lévedo, e vocalista no grupo Sacha na horta.
 
Miguelón Paz, é músico e profesor de conservatorio, membro de distintos proxectos musicais como a Orquestra Bravú Xangai ou Sacha na horta, entre outras, colabora habitualmente con compañías teatrais como Elefante Elegante e Galeatro.
 
As persoas interesadas en asistir deben facer reserva previamente no whatsapp 641 02 70 32 ou no correo espazocultural@manuelmaria.gal. O concerto, que conta coa colaboración do Concello da Coruña, é de entrada libre até completar o aforo.