Fundación Manuel María de Estudos Galegos

03/12/2025
A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza esta gala ás 20.30 hrs no Teatro Rosalía de Castro
A Casa-Museo Manuel María recibe esta noite o premio de honra Lino Braxe polo recoñecemento ao seu labor na difusión da obra dramática de Manuel María e pola creación do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais para compañías profesionais. Será dentro da Gala do XXVIII Memorial Ibán Toxeiro que este ano festexa a obra teatral de Manuel María. Organizada pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a gala comezará ás 20.30 hrs, no Teatro Rosalía de Castro e nela participará o grupo teatral da A.C. Alexandre Bóveda que representará o Auto do Taberneiro de Manuel María e as compañías Galeatro e Xarope Tulú que levarán ao escenario escenas da peza teatral Berenguela na gaiola, proxecto gañador da IV edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.