Noticias

A Casa-Museo Manuel María acolleu este sábado unha nova e exitosa edición do Concurso escolar de recitado "Rosalía sempre viva"

p1150941.jpg

Alejandra Landeira Rey, Fiama del Canto Sogo, Noa Barcia Ausina e Pedro Crespo Araujo foron as gañadoras das distintas categorías

A Casa-Museo Manuel María celebrou este sábado unha exitosa edición, a novena, do Concurso escolar de recitado poético da obra de Rosalía de Castro e Manuel María coa presenza e participación de escolares de toda Galiza. 
Os premiados segundo as categorías foron:
-1ª categoría (1º, 2º e 3º de primaria): Noa Barcia Ausina, do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide, co poema “A estrela sen nome”.
-2ª categoría (4º, 5º e 6º de primaria):Pedro Crespo Araujo, do CEIP A Lomba de Vilagarcía de Arousa, co poema “Galiza”
-3ª categoría (Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos): Alejandra Landeira Rey, do IES de Oroso, polo recitado do poema “A xustiza pola man” de Rosalía de Castro, e Fiama del Canto Sogo do IES Valle Inclán de Pontevedra, polo recitado do poema “O moucho” de Rosalía de Castro.
Tamén recibiron mencións honoríficas as seguintes persoas:
1ª categoría: Antía Romero Prol do CEIP O Escarabote de Boiro polo poema “O cuco” de Manuel María.
2ª categoría: Alexander Alimonta Suris, do CEIP Mestre Pastor Barral de Melide, polo poema “Adiós ríos, adiós fontes”, de Rosalía de Castro; e David Peón Parada, do CEIP A Lomba de Vilagarcía de Arousa, polo poema de Manuel María “A fala”.
3ª categoría: Mencía Rodríguez Lorenzo, do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, polo poema de Rosalía de Castro “A gaita gallega” e Laura Maceira Otero do IES Francisco Aguiar de Betanzos polo poema “Cando a luniña aparece” de Rosalía de Castro. 
A Casa-Museo Manuel María agradeceu todos os presentes, alumnado finalista, familias e profesorado acompañante e público en xeral, a súa total colaboración para que a xornada de convivio decorrese con suceso, así como o apoio da área de Cultura da Vicepresidencia. Deputación de Lugo, representada no acto pola súa responsábel, a deputada Iria Castro Fernández. 
Nos próximos días iremos pondo algún dos recitados.