Noticias

A Casa-Museo Manuel María acolleu a III asemblea xeral de RELIGA

p1150994.jpg

 RELIGA é a Asociación Galega de Casas, Museos, Fundacións e Espazos Literarios

Esta cita serviu para reforzar os lazos entre os membros da rede e para avanzar na definición dunha folla de ruta conxunta para os vindeiros anos. Durante a sesión plenaria abordaron cuestións chave como a formalización do rexistro legal da asociación, a presentación do balance de actividades desenvolvidas desde a anterior asemblea celebrada na Feira Culturgal o pasado outono, e a aprobación dunha estratexia asociativa para o período 2025-2027, coincidente co mandato de renovación e fortalecemento da nova  Xunta Directiva, que incorpora á Fundación Castelao como nova integrante, coincidindo co 70 aniversario do pasamento do histórico líder galego. Este novo equipo directivo representa un avance cara a unha maior representatividade e a procura dun maior equilibrio de xénero, consolidando a vontade de RELIGA de ser unha rede que abranxe todas as entidades custodias de patrimonio literario galego, conectada co presente e futuro da nosa Literatura e Lingua.
 
RELIGA continúa así a súa traxectoria de fortalecemento da Asociación e cooperación entre institucións, cun firme compromiso coa defensa e valorización do patrimonio literario e lingüístico galego desde os seus espazos de memoria viva e produción cultural.