Noticias

A Casa-Museo Manuel María acolle unha nova doazón de dúas obras con algunha relación con Manuel María

img-20251020-wa0000.jpg

Recíbeas no día das Bibliotecas

Neste día das bibliotecas recibimos na da Casa-Museo Manuel María a doazón, feita por un Amigo da Casa, de dúas obras con algunha relación con Manuel María:
 
1. Un libro de Pepe de Xan Baña (Xosé Baña Suárez) mestre e escritor emigrado na Habana onde tratou a Curros Enríquez e escrebeu a súa vida en poemas en lingua galega. O volume, impreso na Habana é Suspiros n’a Terriña : despois de trinta e dous anos d’A Habana e tamén inclúe unha súa obra anterior: Carta d’A Habana a Santa Comba en 1911.
É unha obra curiosa, editada na segunda década do século pasado, por narrar a vida do autor en forma de cartas escritas en verso e está ilustrado con retratos de personaxes de xente galega de Cuba, do autor e familiares.
Esta obra súmase ás outras que Manuel María tiña de autores galegos emigrados á illa de Cuba como Manuel Rodríguez Ramos (Canelo), Del Valle Moré ou o Xosé Rubinos.
Na seguinte ligazón ao catalogo en liña da nosa biblioteca podemos ver o rexistro desta última obra e buscar entre os nosos fondos bibliográficos xa catalogados.
2. As gravacións da musica galega (1975-2000) , é un catálogo das gravacións feitas de música galega, tradicional e de autor, entre as que figuran gravacións de poemas de Manuel María como os de Os soños na gaiola de Suso Vaamonde en Dial Discos do ano 1978, Idioma meu de María Manuela en Zafiro do ano 1977 ou tamén o disco de Jei Noguerol Denantes dos vinte anos, o último gravado, no ano 1976, co código XIS-17 no selo Edigsa-Xistral.