Actividades

Un concerto de Uxía dá inicio, este sábado, á programación cultural do outono da Casa-Museo

Un concerto de Uxía dá inicio, este sábado, á programación cultural do outono da Casa-Museo

13/10/2026

"De Manuel María a Begoña Caamaño" é o título do concerto que dará Uxía, acompañada dos músicos Santi Cribeiro e Sérgio Tannus

Este sábado comeza a programación cultural de outono da Casa-Museo Manuel María. E faino cunha das voces excepcionais da música galega, Uxía, que estará acompañada no escenario por Santi Cribeiro (acordeón) e Sérgio Tannus (guitarra).
 
O concerto, programado para as 20 horas, leva por título De Manuel María a Begoña Caamaño, e durante o seu decorrer soarán pezas do traballo musical que sobre poemas de Manuel María realizou Uxía, en 2012, así como cancións do seu último traballo Indómitas (nove ondas a Begoña Caamaño), un disco tirado este ano 2026 en homenaxe á propia Begoña Caamaño.
 
As persoas interesadas en asistir (billete 5 euros) teñen que se inscribir previamente a través do correo electrónico casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. O concerto conta coa colaboración de Vicepresidencia da Deputación de Lugo. 
 
Uxía fará este mesmo concerto o día 16 de outubro, venres, ás 20 horas, no novo Espazo Cultural Manuel María (rúa do Socorro, 30 A Coruña) que vén de inaugurar recentemente a Fundación Manuel María de Estudos Galegos. As persoas interesadas deben reservar en espazocultural@manuelmaria.gal ou no whatsapp 641027032. Este concerto é gratuíto mais é necesario reservar previamente.