Actividades

Son de Corda presenta este sábado "Na casa delas"

Son de Corda presenta este sábado

Homenaxe musical á palabra de poetas que naceron ou viviron na provincia de Lugo

O cuarteto vocal Son de Corda (Esperanza Iglesias (soprano), Carmen Prendes (contralto), Fernando G. Jácome, tenor, e Antón Castro (baixo)), co acompañamento de piano de Raúl Rodríguez, presenta este sábado, día 14 de febreiro, ás 19.30, “Na casa delas”. Un proxecto para festexar a palabra e homenaxear musicalmente a obra poética de mulleres que naceron ou moraron na provincia de Lugo. Son de Corda interpretará, acompañados de imaxes de Manuel Lucas e Alejandro Gándara, poemas de Luz Pozo Garza, María Mariño, Olalla Cociña, Olga Novo, Marica Campo, Xela Arias e algún texto da nosa tradición oral.
Para asistir é necesario reservar (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621