Actividades

Seres máxicos do reino de Galicia

Seres máxicos do reino de Galicia

Un espectáculo de narración oral de Sole Felloza para este próximo sábado

Houbo un tempo en que coñecer os seres máxicos era imprescindíbel para entender o mundo. Saber onde vivía o nubeiro, que monte habitaba un xigante ou en que fonte podía aparecer unha moura axudaba a orientarse no territorio, mais tamén na vida. Estes seres formaban parte dun saber compartido, ligado á terra, aos camiños e á memoria do país.
Este espectáculo de narración oral para nenos e nenas, a partir de seis anos en diante, propón volver poñerlles voz, corpo e historia a esas criaturas. Trasnos, meigas, xacias, nubeiros, seres desaparecidos e outros vencellados a illas, montes, fontes ou camiños regresan á oralidade para ser contados de novo, reinventados e compartidos, por Sole Felloza. 
Será este sábado, 18 de abril, ás 17 horas, na Casa-Museo Manuel María. Importante, é necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.