Coa interpretación de Artur Trillo, a música en directo de Fernando Fraga e a dirección de Paula Carballeira
Talía Teatro, coa interpretación de Artur Trillo, acompañado do virtuoso do acordeón Fernando Fraga, traen este sábado, 21 de febreiro, o espectáculo, dirixido por Paula Carballeira, "Rosa caramelo e outras historias". Catro preciosos contos de Adela Turín, que a través da palabra e a música, axudarán a desmontar unha
serie de ideas impostas e simplificadas, mais fortemente asumidas, sobre certas actitudes e aptitudes de mulleres e homes.
O espectáculo, programado para as 17 horas, vai dirixido para nenas e nenos de catro a oito anos e as súas familias. Para asistir é necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621