Após a proxección, haberá un coloquio co seu director, César Caramês
O sábado, 30 de maio, a Casa-Museo Manuel María acolle o documentario "1846. Revolución Galega". O filme, dirixido por César Caramês e producido pola Fundación Galiza Sempre, non é só unha crónica militar dun levantamento, senón unha profunda revisión historiográfica que sitúa Galiza na vangarda do pensamento europeo do século XIX. A través de investigacións inéditas e unha proposta visual innovadora, o filme busca rescatar un episodio que a historia oficial tratou de reducir a un máis dos levantamentos militares do século XIX ou a un simple conflito entre faccións españolas.
Após a proxección haberá un coloquio co seu director.
A entrada é libre até completar o aforo mais é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.