Actividades

Paula Carballeira na Casa-Museo Manuel María

Paula Carballeira na Casa-Museo Manuel María

Camiños de mar, terra e vento

Espectáculo de narración oral de Paula Carballeira que leva por título "Camiños de mar, terra e vento".
"Polos camiños da terra van quen queren chegar lonxe, de vagar, atopando atrancos, e persoas descoñecidas, e aventuras fantásticas ou pequenas peripecias, perigos, sorpresas.
Polos camiños do aire van quen adiviñaron como voar, coa axuda de paxaros ou alfombras, de vasoiras ou de rachas de vento.
Polos camiños do mar van quen esperan atopar illas misteriosas, música feita por ondas e sereas, baleas brancas, luras xigantes, tesouros que poden non ser de ouro nin de prata, senón de corais e criaturas das profundidades.
E os contos viaxan, de boca en boca, pola terra, polo mar e, sobre todo, polo aire."
A actividade vai dirixida para nenas e nenos entre 4 e 8 anos.
Billete (2 euros). É necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.
Paula Carballeira, contadora, foi convidada aos principais festivais e eventos de narración oral nacionais e internacionais. Tamén é actriz, membro da compañía Berrobambán; directora de teatro, levando adiante producións tanto para a súa compañía coma para outras; dramaturga, con moitísimos premios, entre outros o de Premio estatal de literatura dramática en 2023; e ten máis de trinta libros publicados (álbum ilustrado, narrativa, poesía, teatro, ensaio), moitos deles traducidos a varias linguas, e a maioría pensados tamén para a infancia e a xuventude.