Actividades

Paseo por Outeiro de Rei con Sole Felloza

Paseo por Outeiro de Rei con Sole Felloza

Durante o itinerario faranse varias paradas en que Sole Felloza contará textos de Manuel María

Pasearemos pola parroquia de San Xoán de Outeiro de Rei, saíndo da Casa-Museo Manuel María ás 18 hrs e desfrutaremos da paisaxe de distintas localizacións (río Miño, Santa Isabel, o regato do Cepelo...), así como de textos narrativos de Manuel María contados pola narradora oral Sole Felloza.
Actriz, dramaturga, fotógrafa e narradora, Sole Felloza é a directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica. Alén diso, imparte formación en narración oral e desenvolve unha salientábel labor de animación á lectura en distintas bibliotecas do país. 
A actividade, dirixida para público adulto e xuvenil, é libre mais é imprescindíbel facer reserva previa a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no tel. 698177621