Actividades

Pakolas presenta novo traballo na Casa-Museo Manuel María

Pakolas presenta novo traballo na Casa-Museo Manuel María

"Ecoralia, a lambona ecolóxica" proposta dirixida para o público infantil e familiar

Ecoralia, a lambona ecolóxica é o último traballo de Pakolas, que presenta o sábado 18 de outubro, ás 17 hrs, na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei). A través das súas cancións e narracións, adentrará, o público asistente, na carballeira máis extensa de toda Galiza, lugar onde a vexetación é máis mesta e verde e onde mora Ecoralia. Esta, sempre viste da cor do musgo e leva unha trenza longa e roxa recollida cun estalote. Ecoralia é unha meiga moi nova e boa coñecedora de conxuros ancestrais aprendidos das súas avoas. Mais ela non é como as demais.
Alén de Ecoralia, Pakolas presentará outros personaxes que arrodean a Ecoralia, neste novo espectáculo rockeiro, como Mistín, o lucecú, Ramón, o teixugo, as tías de Ecoralia, Rosa e Mónica, Arsenio... e, coa música, ensinará ao público a importancia de consumir alimentos ecolóxicos para coidar o medio ambiente, combater a mudanza climática e garantir o benestar animal.
O concerto vai dirixido para o público infantil e familiar. Reservas (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621