Espectáculo de narración oral, monicreques e música dirixido para o público infantil e familiar
"O tranvía Leonardo" é un espectáculo de narración oral para a infancia (de catro anos en diante) con marionetas e música en que se conta a historia do primeiro tranvía a vapor de Galiza, que, como era lento, suxo, pequeno, estreito e descarrilaba a miúdo, foi motivo de mofa e protagonista de innumerábeis cancións e anécdotas. A música é o fío conductor deste espectáculo en que se cantan acompañados de caixa de música e reque reque as seguintes cancións: Caramba!, O trole do tranvía, Chucurruchú, O miudiño, Tango do billete, Romance de Guillermo, A Maturragaina e O trabalinguas das trisílabas.
Pepe Tafall, xefe do tranvía de Marín a Pontevedra e ademais cómico amador e dramaturgo, conta a historia do tranvía Leonardo desde o seu nacemento en Bruxelas até a súa vellez, coa intención de que o propietario, o Marques de Riestra, o xubile e lle dea o seu merecido retiro. Alén das historias do tranvía Leonardo, Tafall, conta algunhas das anécdotas máis simpáticas dos seus tripulantes: Moncho o maquinista e Ramón o do fogón; e dalgúns dos seus pasaxeiros mais famosos: Xosé Echegaray, o médico Guillermo, a cega Morcega, a mestra Trini Trapa e o loro Ravachol.
Para asistir, este sábado, ás 17 hrs, a este espectáculo é necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621
Colabora: Concello de Lugo